Novo club de montaña no sur lucense

Bienvenidas, noticias, sugerencias, quejas...cualquier tema relacionado con el senderismo y la montaña
Avatar de Usuario
Triskel
Algo Activo
Algo Activo
Mensajes: 493
Registrado: Jue Mar 01, 2012 1:08 pm
Ubicación: Entre as montañas e o mar

Novo club de montaña no sur lucense

Mensaje por Triskel » Dom Ene 12, 2014 10:58 pm

Onte celebrouse unha reunión en Quiroga na que se tomou a decisión de constituír un club de montaña. Persoalmente alégrome por esta iniciativa xa que polo sur de Lugo hai anos que non tiñamos un club destas características.

Copio e pego:

Como resultado da reunión do pasado sábado, acordouse a constitución do Club de Montaña Formigueiros en Quiroga. O Club nace co obxectivo de fomentar a realización de actividades na natureza tales coma o Sendeirismo, BTT e outros deportes de montaña. O club servirá como plataforma para que xente da comarca e tod@s aqueles que queiran poidan xuntarse para facer saídas xuntos de diferentes niveis, desde paseos ou rutas ata saídas de máis nivel de BTT. A efectos de asociación ao Club decidiuse establecer unha cota para os socios de 3€ ao semestre, que dará dereito a estar informado de tódalas actividades, participar nelas, acceder ao local do club os días de apertura para organizar actividades, falar e quedar para facer saídas entre os membros, etc. A estes efectos, o próximo mércores de 19:00 a 21:00 horas no local do Club, no Albergue de Quiroga, José Álvarez e Ramón Vila Anca darán información a todos os que por alí queiran pasar de que facer para asociarse no club e para saber en que consistirá. Ademais, proximamente crearase un blog e unha páxina de facebook do club onde asociados e non asociados poderán ver información relativa ao Club, actividades, etc. Para máis información, todos aqueles que queiran federarse deberán indicalo cando vaian ao albergue o mércores. A este efecto, federarse non e obrigatorio, senón voluntario para aqueles que queiran dispoñer dun seguro e estar cubertos nas saídas ao monte, ter acceso aos refuxios de montaña e outras vantaxes, aínda que tamén existen seguros privados que teñen as mesmas coberturas e a prezos máis accesibles que os da licenza federativa. Todos os que non podades ir ao Albergue o mércores indicarlles que en breve terán o blog a súa disposición coa información e incluso poderán asociarse a través do mesmo. Por último, indicarvos que o local do Club, no Albergue, permanecerá aberto a tod@s os xoves de 19:00 a 21:00, a excepción de esta semana, que como xa comentei abrira o mércores de 19:00 a 21:00. Saúdos e benvidos a tod@s!!

Ademais do tema do club de montaña, desde o Albergue de Quiroga estase a impulsar unha serie de iniciativas de cara a dinamizar a zona o cal é de agradecer aos seus responsables e demais xente implicada. Póñovos as actividades que van organizar en 2014:

[img]http://pix.toile-libre.org/upload/origi ... 563359.jpg[/img]

Pocho, como ves van facer o I Circuíto de Trail de Quiroga que vai constar de tres probas :-) por certo, xa está aberta a inscrición para a primeira proba.

Para rematar comento que o excelentísimo sr. Conde tivo a ben asistir persoalmente a esa reunión e vai formar parte do club :P

«A liberdade supón responsabilidade. Por iso a maior parte dos homes témenlle tanto.» George Bernard Shaw

Avatar de Usuario
mustallar
Activo
Activo
Mensajes: 787
Registrado: Jue Oct 29, 2009 12:47 pm

Mensaje por mustallar » Dom Ene 12, 2014 11:22 pm

Últimamente estanse a facer varios novos clubes na provincia de Lugo, inlcuida a capital.... :wink:
"Los políticos y los pañales se han de cambiar a menudo... y por los mismos motivos."
(Bernard Shaw)

"Solo hay dos cosas infinitas; el Universo y la estupidez de algunas personas..."
(Albert Einstein)

Avatar de Usuario
TrotaLeiras
Site Admin
Site Admin
Mensajes: 2557
Registrado: Vie Oct 24, 2008 3:37 pm
Ubicación: Santiago de Compostela

Mensaje por TrotaLeiras » Lun Ene 13, 2014 9:59 pm

mustallar escribió:Últimamente estanse a facer varios novos clubes na provincia de Lugo, inlcuida a capital.... :wink:
ya? :wink:

“Un paisaje solo se conquista con la suela de los zapatos, no con las ruedas de los automóviles”

Avatar de Usuario
erenn
Maestro Orador
Maestro Orador
Mensajes: 1763
Registrado: Lun Mar 09, 2009 9:11 pm

Mensaje por erenn » Lun Ene 13, 2014 11:08 pm

TrotaLeiras escribió:
mustallar escribió:Últimamente estanse a facer varios novos clubes na provincia de Lugo, inlcuida a capital.... :wink:
ya? :wink:

uyuyuyuy que tramas mustallar?? :P

Avatar de Usuario
mustallar
Activo
Activo
Mensajes: 787
Registrado: Jue Oct 29, 2009 12:47 pm

Mensaje por mustallar » Jue Ene 16, 2014 11:22 am

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/le ... Q.facebook

Como que "había alguna gente de Monforte".....estaba el mismísimo Conde de Lemos, que desfachatez!!!!

Señor Conde espero que usted tome medidas.... :silbar: :risa14:
"Los políticos y los pañales se han de cambiar a menudo... y por los mismos motivos."
(Bernard Shaw)

"Solo hay dos cosas infinitas; el Universo y la estupidez de algunas personas..."
(Albert Einstein)

Avatar de Usuario
Triskel
Algo Activo
Algo Activo
Mensajes: 493
Registrado: Jue Mar 01, 2012 1:08 pm
Ubicación: Entre as montañas e o mar

Mensaje por Triskel » Jue Ene 16, 2014 10:30 pm

mustallar escribió:http://www.lavozdegalicia.es/noticia/le ... 6C4991.htm

Como que "había alguna gente de Monforte".....estaba el mismísimo Conde de Lemos, que desfachatez!!!!

Señor Conde espero que usted tome medidas.... :silbar: :risa14:
Ben, é que fun de incógnito, quería ver que estaban a argallar os vasalos do este da comarca, que comezan con ideas dun club e outras andrómenas e acaban cunha revolta cara a o seu señor. Estarei a vixialos de cerca...

«A liberdade supón responsabilidade. Por iso a maior parte dos homes témenlle tanto.» George Bernard Shaw

Avatar de Usuario
mustallar
Activo
Activo
Mensajes: 787
Registrado: Jue Oct 29, 2009 12:47 pm

Mensaje por mustallar » Dom Ene 19, 2014 10:52 pm

erenn escribió:
TrotaLeiras escribió:
mustallar escribió:Últimamente estanse a facer varios novos clubes na provincia de Lugo, inlcuida a capital.... :wink:
ya? :wink:

uyuyuyuy que tramas mustallar?? :P
Perdon Erenn, no había visto tu comentario....

Yo no tramo nada, me han propuesto un cambio de club y como en este nuevo pagan mas..... :risa14: :cabra:

Eso si, todos sobraos, of course..... :diablo:
"Los políticos y los pañales se han de cambiar a menudo... y por los mismos motivos."
(Bernard Shaw)

"Solo hay dos cosas infinitas; el Universo y la estupidez de algunas personas..."
(Albert Einstein)

Cerrado