Cómo insertar videos

Bienvenidas, noticias, sugerencias, quejas...cualquier tema relacionado con el senderismo y la montaña
Avatar de Usuario
erenn
Maestro Orador
Maestro Orador
Mensajes: 1769
Registrado: Lun Mar 09, 2009 9:11 pm

Cómo insertar videos

Mensaje por erenn » Jue Dic 12, 2013 1:43 pm

seguimos trabajando en ello.... :roll:

de momento no he encontrado la forma de subir videos que provengan de páginas diferentes a youtube.

PD: este hilo lo he creado para hacer pruebas....probablemente le tenga que decir a trota que lo acabe borrando :risa14: :risa14:
PD2: a lo mejor hay que cambiar algo en la config...un poco lío el tema...

Avatar de Usuario
Triskel
Algo Activo
Algo Activo
Mensajes: 493
Registrado: Jue Mar 01, 2012 1:08 pm
Ubicación: Entre as montañas e o mar

Mensaje por Triskel » Jue Dic 12, 2013 3:52 pm

Co de "subir vídeos" entendo que te refires a incrustalos dentro dunha mensaxe. Neste caso o primeiro é que o admin teña activado BBCode para poder usar a etiqueta [video] ou HTML para poder incrustalo mediante a etiqueta <embed>, aquí polo que vexo está activo tanto BBCode como HTML, así que cal é o problema que tes exactamente ao incrustar un vídeo?

«A liberdade supón responsabilidade. Por iso a maior parte dos homes témenlle tanto.» George Bernard Shaw

Avatar de Usuario
erenn
Maestro Orador
Maestro Orador
Mensajes: 1769
Registrado: Lun Mar 09, 2009 9:11 pm

Mensaje por erenn » Jue Dic 12, 2013 4:18 pm

un video de youtube no tiene problema....si pruebas con uno de vimeo u otra fuente es cuando empiezan los problemas.... Ya me he fijado que el bbcode esta activado pero aun asi no se pueden insertar. Estoy probando varias formas y nada...puede ser n problema de configurar ciertas opciones segun vi en un manual de esforos.com....

Avatar de Usuario
Triskel
Algo Activo
Algo Activo
Mensajes: 493
Registrado: Jue Mar 01, 2012 1:08 pm
Ubicación: Entre as montañas e o mar

Mensaje por Triskel » Jue Dic 12, 2013 5:17 pm

Con youtube non hai problema porque o sotware que xestiona este foro (phpBB) ten implementada unha etiqueta específica para ese sitio ([youtube]) co cal xa se encarga de que se produza correctamente a reproducción no noso navegador, o problema con outros sitio ven de que hai que poñelos coa etiqueta xenérica [video] (ou <embed> en HTML) e nese caso é o noso navegador* o que, baseándose na cabeceira content-type enviada polo servidor, interpreta a acción a realizar. Normalmente o servidor contén un catálogo de asociacións "tipo de contido - extensión de ficheiro", co cal no momento no que ti pos unha ligazón a un ficheiro que non está relacionada nese catálogo o servidor pásalle un content-type xenérico ao noso navegador que non será capaz de asociar a ningún aplicativo en particular, co cal nos aparecerá unha mensaxe de erro similar a "Precísase un engadido para visualizar este contido", ou no caso de que a ligazón que poñas non sexa máis que o enderezo da páxina onde aparece o vídeo posiblemente ao incrustar o enderezo non che apareza nada directamente xa que o verdadeiro enderezo do vídeo está oculto.

Con todo este rollo que che quero dicir? pois que para poder incrustar un vídeo coa etiqueta BBCode [video] (ou con <embed> en HTML), tes que darlle o enderezo real do vídeo, ou sexa o que leva a extensión do ficheiro, o malo diso é que en moitas webs non é doado obtelo (non polo menos para xente profana no tema) debido a técnicas de ofuscación que usan para evitar que a xente baixe os contidos.

Non sei se che aclarei algo ou te liei máis :wink:


*
Falo de Firefox neste caso xa que é o navegador que uso desde hai moitos anos, noutros navegadores imaxino que a implementación será similar.

«A liberdade supón responsabilidade. Por iso a maior parte dos homes témenlle tanto.» George Bernard Shaw

Avatar de Usuario
erenn
Maestro Orador
Maestro Orador
Mensajes: 1769
Registrado: Lun Mar 09, 2009 9:11 pm

Mensaje por erenn » Jue Dic 12, 2013 5:48 pm

pero en vimeo si te dan la url del video para que puedas insertarlo y no funciona con la etiqueta [video] ni el código <embed>... Seguire investigando....

Avatar de Usuario
Triskel
Algo Activo
Algo Activo
Mensajes: 493
Registrado: Jue Mar 01, 2012 1:08 pm
Ubicación: Entre as montañas e o mar

Mensaje por Triskel » Jue Dic 12, 2013 6:31 pm

erenn escribió:pero en vimeo si te dan la url del video para que puedas insertarlo y no funciona con la etiqueta [video] ni el código <embed>... Seguire investigando....
Non, non che dan a ligazón real do vídeo, estanche a dar o código html (ese código non che vai funcionar coa etiqueta BBCode) para incrustalo mediante unha etiqueta <iframe>, o problema é que debido aos riscos de seguridade inherentes a esa etiqueta os admin dos servidores soen "capar" a súa funcionalidade para evitar problemas. Tamén os propios navegadores implementan medidas de seguridade ao respecto, por exemplo Firefox desde a versión 23 trae activado un bloqueador de contido mixto que pode bloquear contidos incrustado coa dita etiqueta para evitar por exemplo ataques "man-in-the-middle".

«A liberdade supón responsabilidade. Por iso a maior parte dos homes témenlle tanto.» George Bernard Shaw

Avatar de Usuario
Triskel
Algo Activo
Algo Activo
Mensajes: 493
Registrado: Jue Mar 01, 2012 1:08 pm
Ubicación: Entre as montañas e o mar

Mensaje por Triskel » Jue Dic 12, 2013 6:50 pm

Imos ver... acabo de botar unha ollada a Vimeo e no caso desa web e relativamente doado atopar o código para poñer coa etiqueta BBCode, embaixo poño un vídeo incrustado de exemplo.

A ter en conta que se o vídeo está en formato 16:9 como é o caso do vídeo que poño e queremos evitar as bandas negras no marco de incrustación debemos adaptar os valores width e height a esa relación de aspecto. Neste foro o asistente, por defecto pon os valores 400 e 350 para largo e alto o cal son valores pouco apropiados para poñer un vídeo panorámico. Para 350 de alto deberiamos poñer 622 de largo para aproveitar todo o marco de incrustación.


Vídeo 16:9 cos valores por defecto do foro (400x350)

[video width=400 height=350]http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=72992600[/video]


Vídeo 16:9 coa relación de aspecto axeitada (622x350)

[video width=622 height=350]http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=72992600[/video]

«A liberdade supón responsabilidade. Por iso a maior parte dos homes témenlle tanto.» George Bernard Shaw

Cerrado