26 rutas na Ribeira Sacra

Foro para compartir información, rutas, fotos, links...y todo lo que se te ocurra sobre el senderismo!!
Avatar de Usuario
Triskel
Algo Activo
Algo Activo
Mensajes: 493
Registrado: Jue Mar 01, 2012 1:08 pm
Ubicación: Entre as montañas e o mar

26 rutas na Ribeira Sacra

Mensaje por Triskel » Mar Mar 04, 2014 5:06 pm

[align=justify]O Consorcio da Ribeira Sacra publicou hai un mes unha guía en papel con 26 rutas, algunhas delas homologadas, polos distintos concellos que conforman esta fermosa zona. Abrangue desde rutas sinxelas e curtas de entre 2,5 e 4 km que se poden facer nunha hora aproximadamente como por exemplo o Paseo dos Muíños en Castro Caldelas ou a Ruta de Augacaída - Castro de Marce en Pantón ata rutas de media distancia de entre 8 e 14 km como o Sendeiro dos Viñedos da Ribeira Sacra (PR-G 86) en Sober ou a espectacular Ruta da Cubela en Ribas de Sil.

Tamén poderemos atopar algunhas rutas máis longas, só aptas para "sobraos", como son a Doade - Augas Mestas (PR-G 157) que discorre nos seus 27 km polos concellos de Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón e Sober, e a Ruta da Ribeira Sacra do Miño (PR-G 162) que nos leva pola marxe do fermoso canón deste famoso río durante 35 km do seu percorrido polos concellos de O Saviñao e Pantón. Por último tamén está citado o Camiño de Inverno, variante do Camiño de Santiago que se usaba na antigüidade nos meses invernais entre Ponferrada e Santiago para evitar as duras condicións da montaña lucense. Esta variante aproveita o curso do río Sil ata Quiroga, logo indo cara a Monforte, Chantada, pasando polo Faro ata Lalín e finalmente chegando a Santiago.

Unha boa guía para coñecer camiñando esta zona chea de historia e fermosas paisaxes con rutas pensadas na gran maioría dos casos para todos os públicos. Para o que prefira as dúas rodas non hai problema xa que moitas das rutas tamén son aptas para facer en BTT.

A guía, ademáis do papel, tamén se editou en PDF e pódese descargar nesta ligazón.

Por último tamén hai una versión interactiva en forma de aplicativo Senderos Ribeira Sacra para Android e iOS que se pode atopar nas respectivas tendas de aplicacións e que contén todas as rutas así coma toda a información relevante (descrición, cómo chegar, fotos, M.I.D.E., cartografía) e incluso o itinerario para seguilo mediante o GPS do móbil.

Así que xa sabedes, agora tedes unha boa escusa para vir coñecer en familia os dominios do Conde ;-)[/align]

«A liberdade supón responsabilidade. Por iso a maior parte dos homes témenlle tanto.» George Bernard Shaw

Avatar de Usuario
pocholo
Maestro Orador
Maestro Orador
Mensajes: 2211
Registrado: Mar Ene 19, 2010 1:15 pm
Contactar:

Mensaje por pocholo » Mar Mar 04, 2014 8:43 pm

Grazas pola info, Conde
Pois de seguro que a aproveitarei de vez en cando :wink:

Avatar de Usuario
pocholo
Maestro Orador
Maestro Orador
Mensajes: 2211
Registrado: Mar Ene 19, 2010 1:15 pm
Contactar:

Mensaje por pocholo » Mar Mar 04, 2014 8:45 pm

¿Sabes onde se pode obter en papel?

Avatar de Usuario
Triskel
Algo Activo
Algo Activo
Mensajes: 493
Registrado: Jue Mar 01, 2012 1:08 pm
Ubicación: Entre as montañas e o mar

Mensaje por Triskel » Mar Mar 04, 2014 8:52 pm

pocholo escribió:Grazas pola info, Conde
Pois de seguro que a aproveitarei de vez en cando :wink:
Non hai de que, eu encantado de que pisedes as miñas terras :-P, iso sí, cando veñas avisa que te acompaño na ruta.
pocholo escribió:¿Sabes onde se pode obter en papel?
Pois aquí en Monforte seguro que non é difícil, míroche e xa cha dou a próxima vez que nos vexamos.

«A liberdade supón responsabilidade. Por iso a maior parte dos homes témenlle tanto.» George Bernard Shaw

Avatar de Usuario
pocholo
Maestro Orador
Maestro Orador
Mensajes: 2211
Registrado: Mar Ene 19, 2010 1:15 pm
Contactar:

Mensaje por pocholo » Mar Mar 04, 2014 8:57 pm

En semana santa andarei por os teus dominios, en principio
A ver se me podo escapar a facer algo:
- Se andas por ahí
- E se non teño que estar de garda preto de portátil... :cry:

Avatar de Usuario
Triskel
Algo Activo
Algo Activo
Mensajes: 493
Registrado: Jue Mar 01, 2012 1:08 pm
Ubicación: Entre as montañas e o mar

Mensaje por Triskel » Dom Mar 09, 2014 7:45 pm

pocholo escribió:En semana santa andarei por os teus dominios, en principio
A ver se me podo escapar a facer algo:
- Se andas por ahí
- E se non teño que estar de garda preto de portátil... :cry:
Pois é probable que ande por aquí, ti avisa... :wink:

«A liberdade supón responsabilidade. Por iso a maior parte dos homes témenlle tanto.» George Bernard Shaw

Avatar de Usuario
erenn
Maestro Orador
Maestro Orador
Mensajes: 1769
Registrado: Lun Mar 09, 2009 9:11 pm

Mensaje por erenn » Dom Mar 09, 2014 9:11 pm

gracias triskel, ten cuidado en semana santa...que si pocho va ahí... Hace unos años fue a espinama y ahora le pertenece entera :risa14: :risa14:

Cerrado